Se cumple este año el XXV aniversario del fallecimiento de Friedrich A.Von Hayek,(1899-1992), uno de los pensadores que mejor supo entender el liberalismo y adaptarlo al mundo contemporáneo.  Aunque no siempre fue bien entendido, como suele ocurrir con las mentes geniales, siempre trató de afirmar la libertad frente a los totalitarismos y de criticar la intervención asfixiante del Estado en la vida de los ciudadanos.

 
Pues bien, frente a los planteamientos racionalistas que creían ver en la fuerza de la razón la emergencia de las instituciones y de la misma sociedad, Hayek enseñó que la historia muestra que ni la sociedad ni el mercado, ni las instituciones, han sido el resultado mecánico de una ordenación racionalista de la realidad. Más bien, la sociedad  y las instituciones que de ella surgen son el fruto de la acción libre y espontánea del género humano, no son construcción de la razón, por más que en su diseño, como es lógico la razón haya tenido mucho que ver.
 
El racionalismo constructivista, censurado con fuerza por Hayek, parte del aserto, indemostrado, de que las sociedades de pueden crear y modificar en función de programas racionales diseñados por algunas personas. Por eso, el filósofo austríaco señala que evitar que la falta de justificación racional eché por tierra, como dice la profesora De la Nuez, todo el conocimiento acumulado durante siglos. Algo que los ismos del siglo pasado, comunismo, fascismo, nacismo, interpretaron a la perfección. 
 
En efecto, el racionalismo inherente a estas doctrinas, de tan amargo recuerdo para los europeos de la segunta mitad del siglo pasado sobre todo, supone una interpretación completa, cerrada, omnicomprensiva y definitiva de la realidad social e histórica.
 
Hayek se siente más cómodo en el mundo del racionalismo crítico de Popper, desde el que se puede afirmar que nuestro conocimiento de la realidad es parcial, y en muchos sentidos –no en todos- relativo, que en absoluto podemos atisbar cual es la situación final a que nos conduce la historia, que no tenemos ni podemos tener nunca a nuestro alcance los resortes o las claves para establecer un orden social definitivamente justo y plenamente libre, no puede equipararse a las formulaciones ideológicas. Por eso, el empeño en conquistar nuestra libertad es una tarea cotidiana que tanto influye en el devenir de la Historia.
 
 
Jaime Rodríguez-Arana
Catedrático de Derecho Administrativo.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
CENTRO E IDEOLOXÍAS
 
 
 
O centro, din moitos dos seus contradictores dende a perspectiva crítica das posicións ideolóxicas, co seu distanciamento, a súa equidistancia, da dereita e da esquerda, coa súa neutralidade, ó que conduce é a unha especie de indefinición que quere ter as virtualidades das partes, sen ser ningunha delas para seren todas á vez, e o final o que consigue é unha amalgama de propostas débiles e insubstanciais que permiten cualificar a súa posición fundamentalmente como inconsistente. Por outra parte, argumentan outros, afirmar que non se toman posicións ideolóxicas é xa ideoloxía, podería dicirse.
 
Á primeira cuestión hai que dicir que o centro non se establece por referencia ás posicións ideolóxicas, senón dende unha crítica  profunda deste tipo de formulacións. As posicións ideolóxicas que se critican dende o centro son aquelas que se configuran coma unha interpretación completa, pechada, omnicomprensiva e definitiva da realidade social e histórica. Son posicións que, dende o punto de vista xerativo, derivan moi directamente do racionalismo ilustrado e atopan as súas formulacións máis completas en dúas posicións que dende os seus primeiros pasos víronse coma antagónicas e coma referentes da confrontación política: o liberalismo e o socialismo. Está ó alcance de todos debuxar un mapa preciso das súas incompatibilidades e oposicións respectivas. O fascismo, por outro lado, elaborado verbo da base da afirmación nacionalista, eríxese coma unha posición igualmente distante das dúas anteriores, pero non como síntese de ámbalas dúas, senón coma negación das dúas –nin de dereitas nin de esquerdas, dicíase -, e propúñase como alleo tanto ó internacionalismo derivado das consideracións de clase propias do socialismo, como ó individualismo liberal, ámbolos dous por negadores do ser nacional.
 
O deseño das oposicións que entre estas posicións ideolóxicas se perfilan pode facerse con tanta precisión debido, precisamente, ó seu carácter racionalista de fundo, por máis que a raíz emotivista do fascismo parecera distancialo da común filiación ilustrada. E precisamente este, o das oposicións, é un dos trazos máis identificativos das formulacións que denominaramos ideolóxicas, en canto que as ideoloxías autoafírmanse coma saberes de salvación, e só admiten outras posicións coma un mal derivado do artellamento democrático da vida política, e, consecuentemente tamén, só conciben a vida política coma confrontación, coma enfrontamento, coma antagonismo, onde o campo divídese entre dúas categorías, as dos nosos e os demais.
 
A desnaturalización das formulacións ideolóxicas liberais absolutas, a práctica desaparición significativa, na maioría das democracias occidentais, dos partidos fascistas, deixou ata o de agora o campo das definicións ideolóxicas aboado para as formacións de esquerdas. Así o avala a recente e vivísima discusión en torno ó que significa hoxe “esquerda”, na que un crecente traballo de Norberto Bobbio manifesta exemplarmente o fundamento das consideracións que ata aquí levamos feitas.
 
Volvendo, pois, ó plantexamento inicial da cuestión, o centro carece, efectivamente, da consistencia dogmática propia das ideoloxías, pero é que ese tipo de consistencia non lle interesa  porque se trata dunha consistencia enganosa, aparente, establecida verbo dunha base reductora da realidade, propia de todo racionalismo.
 
Afirmar que noso coñecemento da realidade é parcial, e en moitos sentidos –non en todos – relativo, que en absoluto podemos albiscar cal é a situación final á que nos conduce a historia, que non temos nin podemos ter endexamais ó noso alcance os resortes ou as claves para establecer unha orde social definitivamente xusta e plenamente libre, non se pode equiparar ás formulacións ideolóxicas. Está nas súas antípodas. Consecuentemente, dende estes presupostos, non se pode pretender que o centro se defina cunha posición ideolóxica deste estilo, que sería –dende ese punto de vista – efectivamente inconsistente, senón que o que se establece é un novo espacio político e un novo discurso que creba cos tópicos, fórmulas e dogmas da linguaxe ideolóxica, en tantos sentidos –penso non trabucarme – insuficientes.
 
 
Xaime Rodríguez-Arana
Catedrático de Dereito Administrativo.